10/11/09

Música e medios de comunicación: MÚSICA E PUBLICIDADE

A última parte deste tema consistirá en analizar o papel da MÚSICA NA PUBLICIDADE.
Comezaremos lendo as páxinas 113-115 do libro e vendo este vídeo que vos deixo aqui:



Nesta web tedes uns cantos exemplos de aplicación da música na publicidade.

TAREFA: Agora teredes que imaxinar que sodes profesionais dunha axencia de publicidade e tedes dous encargos: unha marca de refrescos que quere promocionar o seu producto e un fabricante de berlinas de luxo que quere lanzar un novo modelo ao mercado. En ambos casos se trataría dun spot televisivo. Debedes presentar un proxecto para cada un describindo o contido do anuncio (escenario, personaxes,...), a música que empregaríades (orixinal ou prestada), o tipo de público ao que pretendedes captar e a franxa horaria na que pretendedes emitilo.

2/11/09

Música e medios de comunicación: A MÚSICA NA TV

Continuamos co Tema 3 analizando agora o papel da MÚSICA NA TELEVISIÓN. Tedes a información nas páxinas 104 e 105 do libro de texto para ir contestando ás cuestións que vos propoño.
- AQUÍ tedes algúns exemplos en vídeo de diferentes sintonías televisivas.
- No reproductor da columna da dereita, titulado MÚSICA TV, deixeivos varios exemplos de sintonías e bso televisivas. Hai diferentes categorías: música de teleseries, música de debuxos animados, música de programas de variedades e música de informativos ou programas divulgativos.TAREFA:  Escollede dous (de diferente categoría) e facede unha análise do seu carácter musical xustificando a súa adecuación ao tipo de programa que presentan.

28/10/09

Música e medios de comunicación: MÚSICA E RADIO

Imos comezar o Tema 3: A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, analizando os usos e as funcións da MUSICA NA RADIO.
Para irdes respondendo ás preguntas que vos propoño teredes que buscar a información nas páxinas 96 a 99 do voso libro de texto (ou tamén na ligazón que aparece xusto debaixo).
  • Para ver o tema na web premede AQUÍ
  • Para escoitar exemplos de diferentes sintonías radiofónicas premede AQUÍ
  • Para escoitar on line diferentes emisoras de radio españolas premede AQUI

19/10/09

A EVOLUCIÓN DA MÚSICA CINEMATOGRÁFICA

Para que poñades música e imaxe ao esquema que estades a elaborar sobre a evolución da música no cine, déixovos aquí unhas ligazóns que vos serán moi útiles:

- O cine mudo e os inicios do cine sonoro:
- Novas influencias da música no cine. As décadas de 1960 e 1970:

- A música no cine actual:

- Cando o cine toma a música prestada:

16/10/09

A VOSA PELÍCULA

O próximo paso será que fagades a vosa propia análise dunha película que vos mesmos escollades e que teña unha banda sonora de interese. Buscades un fragmento dela en youtube ou en googlevídeos e poñédesme a ligazón no papel se o facedes á man ou nun doc, pdf, etc. se mo mandades a través da web. Tamén podedes incluir a análise como comentario debaixo deste post. Non esquezades poñer sempre o voso nome e apelidos.
A continuación eu suxírovos algúns títulos, clasificados por xéneros, por se non se vos ocorre ningunha en especial:
  • DEBUXOS ANIMADOS: El libro de la selva, Tarzán, El rey león, Hércules, Shrek,....
  • MUSICAL: Cantando bajo la lluvia, West Side Story, Cabaret, Grease, Flashdance, Dirty Dancing..
  • MELODRAMA: Memorias de Áfrical, El paciente inglés, Casablanca, Forrest Gump,...
  • DRAMA HISTÓRICO: Espartaco, El último emperador, BraveHeart, Ben-Hur, Gladiator, ...
  • CIENCIA FICCIÓN: Star Trek. 2001: Una odisea en el espacio, La guerra de las galaxias, Blade Runner, Matrix, Men in Black, Alien, ...
  • WESTERN: La diligencia, Río Bravo, el Álamo, El bueno, el feo y el malo, Bailando con lobos, Sin perdón
  • COMEDIA: La fiera de mi niña, El gran dictador, Desayuno con diamantes, Con faldas y a lo loco, Full Monty ...
  • TERROR: Drácula, Frankenstein, El exorcista, Tiburón, Psicosis, El sexto sentido, Entrevista con el vampiro, Halloween,...
  • AVENTURAS: Piratas del Caribe, James Bond, Indiana Jones, ...
  • CINE BÉLICO: El puente sobre el río Kwai, Apocalypse Now, Rambo, Platoon, La lista de Schindler, La delgada línea roja, Pearl Harbour, Salvar al soldado Ryan, ...
  A análise deberá recoller tódolos parámetros que vimos no libro de texto e no cuestionario que fixestes anteriormente, ademáis deberedes especificar que lugar ocupa a B.S.O. da película dentro da evolución da música cinematográfica.                                         

13/10/09

MÚSICA E CINE

Que relación teñen a música e o cine? Este é o tema que imos traballar durante os próximos días.
Comezaremos por ler o tema no libro de texto (páxinas 60 e seguintes). Podedes ademais ver este vídeo para completar o que xa lestes.



A continuación, segundo os parámetros que vimos no libro de texto, imos analizar a función que desempeña a música nos seguintes fragmentos de cine:


1. EL RESPLANDOR (Stanley Kubrik. 1980): http://www.youtube.com/watch?v=ykFmuzE7Nzs

2. AMADEUS (Milos Forman, 1984): http://www.youtube.com/watch?v=Ue902eEot-4

3. FIEBRE DE SÁBADO NOCHE (John Badham, 1977):  http://www.youtube.com/watch?v=5uecLTzd_Wk

4. EL SEÑOR DE LOS ANILLOS(Peter Jackson, 2001-3): http://www.youtube.com/watch?v=C6NUIpdR0b8

5. PSICOSIS (A. Hitchcock, 1960): http://www.youtube.com/watch?v=sScBFzae9cE

Aquí tedes un formulario para a análise das películas. Debedes facer a análise de dúas películas, a escoller entre as cinco, e enviarmo:
http://spreadsheets.google.com/viewform?formkey=dDFVS1JsRV9SakcwcnlqbG1waHRHRUE6MA

BENVIDA


Benvid@s ALUMN@s de 4º


Nos próximos meses esta páxina vai estar á vosa disposición para irmos traballando os diferentes temas que trataremos na materia de Música.
Desde o departamento de Música do Ies Terra de Trasancos agardamos que sexa do voso agrado e que lle saquedes moito proveito!