A última parte deste tema consistirá en analizar o papel da MÚSICA NA PUBLICIDADE.
Comezaremos lendo as páxinas 113-115 do libro e vendo este vídeo que vos deixo aqui:
Nesta web tedes uns cantos exemplos de aplicación da música na publicidade.
TAREFA: Agora teredes que imaxinar que sodes profesionais dunha axencia de publicidade e tedes dous encargos: unha marca de refrescos que quere promocionar o seu producto e un fabricante de berlinas de luxo que quere lanzar un novo modelo ao mercado. En ambos casos se trataría dun spot televisivo. Debedes presentar un proxecto para cada un describindo o contido do anuncio (escenario, personaxes,...), a música que empregaríades (orixinal ou prestada), o tipo de público ao que pretendedes captar e a franxa horaria na que pretendedes emitilo.
NAVIDAD, NAVIDAD PARA 2º DE ESO
Hace 11 años